El pasado lunes 18 de diciembre se publicó en el DOGA una lista que reúne aproximadamente al 75% de los clubes deportivos de Galicia.El pasado lunes 18 de diciembre se publicó en el DOGA una lista que reúne aproximadamente al 75% de los clubes deportivos de Galicia.
A través de dicha publicación, la Xunta requiere a todos los clubes incluidos en el anexo a adaptar sus estatutos a la Ley del Deporte de Galicia 3/2012 bajo amenaza de ser excluidos del registro de entidades deportivas de Galicia lo que supone, en puridad, desaparecer a efectos «oficiales».
Concretamente se señala:
ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifica o acordo de incoación de cancelación rexistral de entidades deportivas galegas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
A Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, establece na súa disposición transitoria única a obriga de que todas as entidades deportivas de Galicia adapten os seus estatutos e regulamentos ao disposto nesta lei no prazo dun ano a partir da súa entrada en vigor.
O Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, establece no seu artigo 3 que o Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia é un rexistro administrativo dependente do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia con competencias en materia de deporte.
O citado decreto, no seu artigo 5.1.b), recolle entre os actos obxecto de asentamento e inscrición no Rexistro os estatutos das entidades deportivas de Galicia e as súas modificacións.
Este decreto regula na súa disposición transitoria terceira que:
1. As entidades inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia deberán comunicar ao Rexistro, dentro do prazo de un ano desde a entrada en vigor do presente regulamento, todos os actos e datos de obrigada inscrición que non estivesen inscritos.
2. No suposto de que non se realice a mencionada comunicación dentro do prazo fixado no punto anterior, procederase de oficio ao anuncio de incoación do expediente de cancelación rexistral. A relación de entidades obxecto deste expediente publicarase no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da notificación individual no domicilio da entidade inscrita.
3. No suposto de que as entidades, no prazo de dous meses desde a publicación do mencionado anuncio, non formalicen a obrigación establecida no punto primeiro, procederase á súa cancelación rexistral, que comportará a perda do recoñecemento oficial das entidades inscritas.
Unha vez transcorridos os prazos establecidos nas normas citadas, a Secretaría Xeral para o Deporte revisou o Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
Do resultado desta revisión comprobouse que as entidades deportivas de Galicia inscritas e que figuran no anexo I do presente acordo non levaron a cabo a adaptación dos seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
A competencia para a tramitación e resolución deste procedemento correspóndelle á Secretaría Xeral para o Deporte, segundo o disposto no artigo 5.1.g) e no capítulo III da Lei 3/2012, do deporte de Galicia, e no Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
A tramitación do procedemento levarase a cabo de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, no Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, e na demais normativa de xeral aplicación.
Con base na lexislación aplicable no presente caso,
ACORDO:
Primeiro. A incoación do expediente de cancelación rexistral ás entidades deportivas que figuran no anexo I da presente resolución por non adaptaren os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
Segundo. Que se publique no Diario Oficial de Galicia a incoación da cancelación rexistral co seu anexo. Esta publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Terceiro. As entidades deportivas que figuran no anexo I terán un prazo de dous meses contados desde a publicación do mencionado anuncio para adaptar os seus estatutos e regulamentos ao disposto na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, e comunicalo ao Rexistro de Entidades Deportivas.
Cuarto. A presentación dos estatutos modificados deberá realizarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), procedemento PR946B, Modificacións do rexistro de entidades deportivas, e de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda
Quinto. Transcorrido ese prazo sen comunicar esa adaptación, procederase á súa cancelación rexistral, que comportará a perda do recoñecemento oficial da entidade inscrita.
Esto supone, entre otras cosas, la pérdida del derecho de subvenciones o de la participación en competición oficial, entre otras, por lo que entendemos la necesidad de adaptar los estatutos y actualizar los actos que deben ser inscritos como (modificaciones de juntas directivas, domicilios, etc.).
Ojo porque esto supone, en la mayoría de los casos, la redacción de una modificación importante en los estatutos, la convocatoria y celebración de asamblea para su aprobación y la comunicación al registro. Todo ello en el plazo de dos meses.
Consulta la lista completa en el siguiente enlace: pincha aquí.
El plazo finaliza el 19 de febrero de 2018 (lunes, ya que el 18 es inhábil).
En Campo IV Consultoría, somos especialistas en Derecho Deportivo, podemos adaptar tus estatutos. Consúltanos en asesoría@campoiv.es
Resulta MUY instructivo ver que están TODOS los clubs de montaña que hacen las cosas «a las bravas» (como me sale de… te dicen…). La mayoría de los «principales» de la provincia de A Coruña. No vi en el listado (lo miré todo) a un club en el que está de directivo un buen amigo mío (síntoma de que «otro modo» de hacer (bien) las cosas es posible). Me preocupa que esté en el que saco la Licencia. Supongo que habré de mirar otro club (para 2018) que cumpla la Ley, para poder participar en las pruebas oficiales de la FGM.